miércoles, 2 de mayo de 2012

SALVATERRA, HISTORIAS DE. O TEATRO EN CABREIRA



Esta curiosa fotografia foi tomada a finais nos anos 50 en Salceda de Caselas. Nela e grazas á inestimable colaboración de Afonso Gonzalez Fernández e de Isolina Vaqueiro (ambolos-dous na foto de marxen inferior)podemos identificar de esquerda a dereita a: Jaime Nuñez Fernández, Benito Castro Groba, Joaquín Castro, Américo González, O mencionado Afonso,Manuel Fernández (a cabeza do fondo). Á beira de Alfonso, Segunda Vaqueiro Gonzalez, Matilde Presa, Carmen Fernández Núñez, Concha Gonzalez, Lola Costa ( non é seguro) e últíma muller pola dereita sen identificar. A obra representada podería ter sido "La Casa de Quirós" obra en dous actos de Carlos Arniches,ou se cadra "El gran Tacaño" de Quevedo. Outro dos títulos tamén representados foi"El sí de las niñas" de Leopoldo Alas Clarín",ainda que este parece seguro foi representada na fábrica de madeira do Roxo, en anos anteriores os citados, posiblemente arredor do ano 42 e co galo de una racaudación para restaurar a igrexa de Cabreira. Parece oportuno mencionar o labor entre bastidores de Carmen do parceiro, Carmen Presa, unha muller que exercía a tarefa equivalente á direccion teatral e que co seu entusiasmo promovía este tipo de eventos.


Agradecer a Marga Núñez a súa valiosa e desinteresada axuda coa áportación de algunha das fotografías "colgadas" nesta entrada así como a xenerosidade compartida dos recordos da súa infancia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

jesuspresa@hotmail.es