viernes, 4 de mayo de 2012

SALVATERRA,HISTORIAS DE -CABREIRA. DANZA DAS FITAS




Esta testemuña gráfica sitúanos en Cabreira a finais dos anos corenta(1948). Na foto aparecen os bananeiros que escoltaban a estrada a San Roque desde a antiga via Porriño-Salvaterra, e que en moitos pobos franceses aínda se consérvan, dándolle un aspecto moito máis pintoresco as súas rúas.Esta imaxe está  tomada durante os festexos polo día das Angustias, a sazón romería e festa no pobo.  Pódese observar unha tipica danza de cintas ou fitas, ou danza do arquillo en Cabreira.A danza discorre arredor dun mastro (mástil) do que colgan cintas de cores que os bailadores (de seis a doce)collen dos extremos libres e teñen que trenzar e desenvolver nos distintos pasos dos que se compón a danza, que é o que se chama trenzado e cando xa están todas entretecidas, cambian a dirección do baile e descruzan as cintas.A día de hoxe este baile procesional está perdido na parroquia. Fixaros ben porque a o millor pode estar entre ó xentío, algún dous vosos pais, abós, ou bisabós.




Foto cortesía de Marga Núñez de Cabreira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

jesuspresa@hotmail.es