miércoles, 31 de octubre de 2012

POEMA Y FOTO DE CARLOS PEREIRA. PALCO DE CABREIRA


Novamente abrimos unha porta á poesía para que entre os seus limiares nos chegue un vento de outono carregado de versos de trigo e vellas vides, de follas de amarelos imposibles porque son vermellos. Abrimos esta humilde porta ao bo facer do poeta que nesta ocasión ben puidera declamar o seu poema dende a tribuna de ferro filigrana do Palco do San Roque.



Palco da Música. San Roque. Cabreira. Técnica de desenfoque o bokeh.


E celebreime,

Incesante festa todo;

Indo co encarnado corazón tan camelia.

¡Pero aquel vacío! ¡Aqueles corpos condeados!

(E pola beira do río, ante o rumor do vento nas follas,

Co sinal incandescente do sol no espello das augas…

¡Esquecido inverno! Veu outro. Outro.)

E mudaron as vides da festiva plenitude estival dos acios

Ás murchas follas secas, tan vermellas,

Que xa logo totalmente espidas saíran tortas do chan,

Como mans erguidas dende a terra.

Un purgatorio. Un cárcere. Un final.

Fiquei como granito, como dura torada de castiñeiro,

Fiquei ou racimo ou espiga,

Como Romeu ou anís.

Fiquei mentras o río, preguizoso, ía para alá…




http://www.farodevigo.es/comarcas/2012/10/02/carlos-pereira-presenta-reciente-poemario-galgo-cervantes/689739.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario

jesuspresa@hotmail.es