lunes, 20 de agosto de 2012

SALVATERRA HISTORIAS DE. PORTELA VALLADARES MITIN EN SALVATIERRA DE MIÑO

Manuel Portela Valladares, Personaje controvertido en su época. Presidente del gobierno durante la II República. Fue fundador del Pueblo Gallego y defensor del galleguismo como reconoce Castelao en "Sempre en Galicia", aunque tuvo muchos detractores.


<<.........El 7 de septiembre de 1930,  dieciocho días antes de la reunión de Barrantes, se produjo un encuentro entre Casares, Quiroga y Portela Valladares para discutir este hecho. Se trata del primer y único encuentro de este tipo del que existe constancia entre ambos personajes, a pesar del  espacio político que compartieron a lo largo de su vida. En él también estuvieron  presentes José Calviño, Lois Peña Novo y Antón Villar Ponte.
Así se lo contó Xerardo Álvarez Gallego a su cuñado, Alexandre Bóveda, y a Castelao, según relataba él mismo en la biografía que escribió sobre el primero:

<< Cando Porteliña, como ti lle chamas, saía por Sant-Yago pra San Sebastián, dende Mondariz, rematada a súa tempada de augas no balneario, vai facer dous anos, chamado polo fillo do coxo Romanones, o marqués de Vilabráxina, pra que non se esquecera que seu pai o tiña en carteira pra nomealo ministro no gabinete liberal que coidaba, seguindo a idea de Cambó, organizar á caída da “Dictablanda”, os repubricáns da Cruña saíronlle ó paso do seu “Rolls” na cibdade de Sant-Yago e forzárono a conferenciar no Hotel Compostela. Casares, no nome de tódolos repubricáns galegos, comprendido Abad Conde -sempre en grupo aparte da ORGA- díxolle que si persistía na súa decraración antimonárquica feita no mitin de Salvaterra de Miño, il ofrecíalle cederlle o seu posto de concurrinte ó Pauto de San Sebastián. “Vostede, co seu periódico, tan abandeirado de repubricán, pode, si quer, exercer a xefatura do repubricanismo galego”.

-¿Estás certo do que dis?

-Certísimo. Contoumo Calviño, que foi o intermediario da entrevista.

-¿E Porteliña que dixo?

-Rompeu en gargalladas.

 ¿A Repúbrica? ¿Quen pensaba niso? ¿Quen podería rexila? ¿Alcalá Zamora, que tiña rodilleiras, de tanto rezar, nos pantalóns en na ialma? ¿Marcelino Domingo, vago consuetidunario? ¿Lerroux, que era todo química orgánica? ¡Non había homes! Viría, en troques, un goberno de ezquerda -de ezquerda crásica- engadíu, capaz de facer modificacións sustanciais dentro da monarquía, como sería a da representación gubernamental das rexións hespañolas. Presidiríao o Conde de Romanones.

-¿E que lle respondeu Casares?

-Roxo de carraxe (il que é tan paledo) díxolle:

 “Nos equivocamos; lo sentimos por usted, Portela. La República viene”. Ergueuse. Non quixo seguir falando, a pesares dos pregos de Peña Novo, que intentou, ao menos, soster a liña repubricán do “El Pueblo Gallego”.

Portela respondeulle:

-“Eso es otra cosa. Ustedes los colaboradores seguirán, si quieren, escribiendo sobre la República, como pueden escribir sobre la luna. Y yo volveré, como en Salvatierra, a declararme anti-monárquico si no cae la Dictadura”.
 
FUENTE:
LAS BIOGRAFÍAS PARALELAS DE CASARES QUIROGA Y PORTELA VALLADARES
MARIA DEL PILAR MERA COSTAS
Dpto. de Hª del Pensamiento y de los Movs. Sociales y Políticos, UCM
http://www.ucm.es/info/historia/ortega/4-11.pdf 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

jesuspresa@hotmail.es