viernes, 7 de marzo de 2014

O APOSTOL DO AGRARISMO; BASILIO ÁLVAREZ EN SALCEDA DE CASELAS



En datas recentes e dende a páxina do actual Alcalde de Salceda Marcos Besada  ofrecíase una faciana descoñecida de Faustino Juste Dominguez, fillo de Casimiro Juste, Alcalde de Salceda na Primeira República(1.8 73-1.874) nado en Salceda no ano 1871.


                                    Faustino Juste Dominguez. Imaxen da páxina de Marcos besada


De él se comentaba neste apunte na rede social, que no ano 1914 era o presidente da Federación Agraria de Salceda de Caselas o que nos serve para entender algún dos feitos acontecidos en Salceda y Salvaterra, que xunto con outras localidades do Sur Pontevedrés (Vigo, Pontareas, A Garda, Redondela) formaron a punta de lanza dun movimiento agrario forte e resolto a rematar cos privilexios abafantes da igrexa neste contexto histórico. A presenza en Salceda de Faustino Juste, tería moito que ver coa visita que neste mesmo ano de 1914, concretamente no mes de Maio achegou as terras do Caselas a un dos persoeiros mais relevantes do movimiento agrario de Galicia. Estamos a falar de Basilio Álvarez. De orixen popular -era fillo dun Ferreiro de Orense- a principios de seculo vai cara a Madrid como capelán do Marqués de Urquijo e comeza a destacar con colaboracións periodísticas e incluso fai alguna incursión na literatura.








Tras un tempo como abade de Beiro comeza un periplo incesante de mítines donde destaca como un grande orador antiforista e anticaciquista. A realidade é que os nosos bisabós, que viñan de presenciar un recalcitrante discurso católico dos padres Jesuitas mencionados na anterior entrada das misions ,topábanse agora con este outro discurso ben diferente dun crego que aldraxaba contra os caciques e ofrecialles a redención dos foros, polo que non gañaban para sustos e desconcerto. Neste mes de Maio do ano 1914 que falábamos, Acción Galega, como Movemento Agrarista, desembarca cun Mitin en Salceda xuntando as Sociedades de Agricultores da zona. A convocatoria, na que según a prensa da época asistirán tres mil personas, celebrarase na finca de Pegullal propiedade por ese tempo do alcalde de Salceda Manuel Lorenzo . Esta ubicación e elexida porque as autoridades prohibirán a celebración na vía pública. A ela asisten diferentes personalidades entre as que destacan o director do xornal da Guardia Heraldo Guardes Sr Durse, o Presidente da Federación de Pontevedra Sr Rodriguez ou o redactor do Heraldo de Madrid Sr Laguía. Se menciona tamén a un suposto catedrático de Orense de apelido Nuñez Couto, dato este que nos fai pensar nun posible erro periodístico, xa que na documentación consultada no existen referencias a este personaxe e si numerosas ó Agrarista de Cambados Joaquin Nuñez de Couto que desempeñou una importante labor na loita agraria.

As conclusión aprobadas nesta xuntanza agraria foron entre outras:


-Pedir o Goberno a supresión dos dereitos arancelarios sobre a importación de millo e centeo.

-Supresión das diputacions provinciais.

-Supresión dos alcaldes de Real orden


Durante a celebración do mitín concentrouse un importante número de axentes da Garda Civil, feito este que foi amplamente censurado.



A efervescencia de estes movimentos non se entende sin a perspectiva de dita época . En Salvaterra se perpetrara o crimen de Francisco Rodriguez “Pancho” fundador dunha das primeiras sociedades agrarias do Condado, en Lourido, e o que dedicamos un espazo neste blog, coa inclusión de formato pdf do libro para lectura o descarga. Paralelamente en Salvaterra destacaba a figura como activista de Manuel Mariño Mendez que xunto co Publicista de Pontareas Angel Martinez Castro desenrolaron una febril actividade reivindicativa.



Manuel Mariño, Socialista, que nesta época contaba con trinta anos sería co tempo alcalde de Salvaterra. Era fillo de Antonio e Alberta, da parroquia de Fiolledo y un dos defensores do orden institucional en Salvaterra durante a ruptura provocada por Franco o que provocou a sua fuxida. (Interesante el documento la amargura de la guerra civil en Salvatierra de Juan José Pino Alvarez).





Salvaterra e a sua zona de influencia no Condado estaba marcada por ser o feudo de Bugallal polo que todo este estado de cousas o que se suma a onerosa presión da igrexa, favorece un marco social donde os esforzos dos labregos parecían destinados a sufragar calquer economía menos a que conviña a os seus propios y esforzados intereses. 



FUENTES:

la Correspondencia militar 26-5-1914



H. Hervés Sayar. Agrarismo e societarismo campesiño no val do Tea, 1900-1936

Acción Gallega: populismo agrarioy cambio político en la Galicia de la Restauración, 1912-1915
Miguel Cabo Villaverde Universidade de Santiago de Compostela2



No hay comentarios:

Publicar un comentario

jesuspresa@hotmail.es