Non podíamos deixar de vincular este blog con unha das poucas testemuñas visuais que se conservan do Condado. Este video chamado Galicia y Buenos Aires ten que estar en calquer foro que se precie de recuperacion do acervo cultural da zona. As imaxes de este documento, a sua potencia visual, a identidade moitas veces esquencida que pervive nel o convirten nunha alfaia que non require mais explicación de este administrador.
Mostra a agricultura, a gandeiría e a feira de Ponteareas, a romería da Ascensión e a inauguración do local sindical. Película feita para a Sociedad Progresista Hijos de Fornelos y Anexos (Bos Aires) cando a República acababa de chegar, pretende amosar en América as paisaxes e formas de vida galegas. Tenta tamén probar que os aforros enviados pola emigración financiaban infraestrucutras educativas e sociais. Estreouse no Sindicato Agrícola y Ganadero El Progreso, Fornelos da Riveira (Salvaterra de Miño, Pontevedra) o 14-6-1931. Restauración: Arquivo da Emigración Galega e CGAI (1999).
Ficha artística
Cámara: / José Gil
Dirección: / José Gil
Ficha técnica
Distribuidora / Culturagalega.org (Consello da Cultura Galega)
Institución pública / Arquivo da Emigración (Consello da Cultura Galega) / Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)
Produtora / Galicia Cinegráfica
Tipo: Documental
Xénero: Etnográfico
Ano: 1936
Fuentes;
Centro Galego de Artes da Imaxe CGAI
Para saber mais- Galicia Agraria
Agradecimentos- A Antón Lorenzo por abrir novas vías no meu enfoque
No hay comentarios:
Publicar un comentario
jesuspresa@hotmail.es