Barrio do Rio.Cabreira-Mes do Nadal do ano 1953. Foto cortesía de Marga Núñez. |
A persoa que aparece nesta instantánea en actitude agarimosa cun cadelo é Agustín da Serra,dono do muiño de arriba. En segundo plano da foto pódese apreciar o aspecto que presentaba a actual zona recreativa do rio, donde está emplazada a pista deportiva. Distínguese perfectamente a fonte do Rio, e tamen alcánzase a ver o antigo trazado en meandro do rio Caselas que posteriormente sería desviado do seu cauce. Nestas obras perderíase os restos dunha ponte- posiblemnete romana- que sería sustituida polo pontillón actual. Da existencia de esa ponte hai varios testemuñas orais e resulta verosimil supoñer tal e como fai a historiadora Ferreira Priegue que fora un dos pasos da via romana XX que unía Braga con Astorga e que continuaría ate a ponte da Fillaboa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
jesuspresa@hotmail.es