jueves, 3 de mayo de 2012

CABREIRA,HISTORIAS DE. reseña da parroquia nos anos trinta.

PETO DE ANIMAS SANROQUE
.
Este apunte sobre Cabreira, extraido do libro "GEOGRAFIA DO REINO DE GALICIA, de Gerardo Alvarez Limeses, publicado no ano 1936 e no que aparece un breve aspecto da parroquia, formará parte dunha serie de anotacións, unhas veces persoais,(como é o caso desta) outras recollidas da tradición oral, que publicarei coa idea de que non se perdan. Neste particular debo citar a Marga, a meus pais e a calquer outra persoa no futuro, sen cuxa contribución non se me faría posible recompilar moitos dos datos e fotografias que irán aparecendo.

                                             
                                                                                                                                                                              
                                                                             
En donde dice: " En parte de la parroquia hay
alumbrado eléctrico y hay cuatro tiendas-taberna" , Podemos referirnos as seguintes:


A Tenda de Pilar e Quino,


A Pilar da tenda, donde maís tarde tuvera unha sastrería Maximino Vaqueiro y posteriormente unha tasca o Señor Ricardo. Pilar da tenda o mesmo era oficiña de correos a donde viñan todos os envios postales como era o estanco.


A tenda de Soledad. Ainda se conserva a pequena casiña no cruce da estrada antiga a Salvaterra,


EFEMÉRIDE DA INFANCIA NO TORRÓN


Nunca tiven boa memoria visual como unha consecuencia lóxica das miñas cativas dotes para a observación. Non me acontece o mesmo coa nostalxia, que é un sentimento ao que dou refuxio máis veces das que quixera facelo. Unha e outra, memoria visual cativa e nostalxia exacerbada, compénsanse e poñen un contrapunto e permítenme recrear mentalmente, dun xeito fiel o camiño do Torrón ao Sanroque, cada revolta entre os muros, cada relevo do terreo, cada curva que describía como unha vide, aquelas vellas vides que marcaban o seu trazado a partir dos terreos de Julio e Rosa ata os castiñeiros centenarios que inundaban co seu froito o cachafundo dá costa dá Corteduria. Saïamos á corredoira á altura do pozo do Torrón. A vella roldana permitía tirar cun queixido de metal do cubo de cinc para beber e levarnos algunha sorpresa cando no seu interior aparecía algunha píntega ou tritón. Despois a carballeira de Laureano sumía a vereda cos seus muros tapizados de mofo, nun tramo fresco nas tardes do verán e nun inquietante corredor polas noites velando a luz co espeso teito que formaban as copas dos carballos. Ao seu termo e onde o camiño se bifurcaba para a ponte de Valdesodes á dereita, e subindo cara a casa do Señor Ramiro á esquerda , de novo a luz filtrábase só entorpecida por algunhas acacias. Xurdían entón as viñas e dunha canle de rego que discorría no marxen esquerdo, a auga se escapaba para refrescar o seu trazado e no inverno ese arroio improvisado uníase coa canle do Caselas que na Pontecenla se desbordaba e impedía o paso. Nin sequera as poldras perfectamente dispostas a ambos os dous lados cumprían a súa función se a enchente era abundante. Deixando atrás a Pontecenla as viñas escoltaban o seu paso. Un pequeno sendeiro(carreiro de can) entre os campos conducía á “tenda do Curiña”,de Quino e Pilar, onde os paisanos consumían as sobremesas entre tutes e chinchons, caféses de calcetin e beberaxes da terra........... despois a senda horadaba o terreo, escavaba os seus lindes e furaba na terra como unha toupeira humillándose diante dos castiñeiros dá Costa dá Corteduria.- chamada asi pola existencia dunha Curtidora de peles emplazada entre este e o camiño do Monte da Bouza- . Entón chegando ao final, despois de cumprir co seu labor de levar ás xentes pegando seus perfís, as súas imperfeccións, ofrecíalles unha ampla mostraxe da arte sacro presente no San Roque: o peto de animas, o cruceiro, a capela e non lonxe do conxunto a igrexa parroquial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

jesuspresa@hotmail.es