Esta foto foi tomada nos anos 50 cunha máquina kodak. Alguén pode pensar bon bon, nin tanto nin tanto, que a foto ten cores en nesa época pouca xenta tiña eses trebellos a cor, porque a primeira película fotográfica en cor moderna, KodaChrome, foi utilizada en 1935. E certo pero o truco está en que o que sacou a foto foi Antonio Fernandez, un home da parroquia que estuvera moitos anos nos Estados Unidos da América e por entonces, xa se sabe, os americanos levábannos dianteira en moitas cousas. Esta panorámica dende as Arras resulta moi interesante co a escola vella en primeiro plano e no fondo podese ver a igresia parroquial e as casas de Manuel Vaqueiro, por unha banda e por outra a casa da Señora Pepa do Cadavés, casada con Eugenio González a quen a Iglesia da época negou sepultura por ter abrazado a relixión protestante.Moito antes de facerse esta fotografia, nos anos vinte, na escola viviron durante algúns anos Josefina Fernandez e Santiago Presa Boente, que alquilaban unha habitación para a maestra e outras duas estancias como aulas para os cativos. Nesa etapa a maestra chamabase Doña Visitación. Hoxe é un estabelecemento de turismo Rural.
Deste Cruceiro falaremos en outra entrada porque non aparece inventariado pola Diocese e na sua base, oculta pola vexetación, conta cunha lenda que trataremos de clarificar.
FOTO SUPERIOR- cortesía de Marga Núñez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
jesuspresa@hotmail.es