miércoles, 4 de junio de 2014

SALVATERRA HISTORIA DE. O GALEGO IDIOMA PROSCRITO.


Supervivientes (Galicia Martir) Castelao

O galego non estivo de moda durante todos os anos nos que, paradóxicamente, un xefe de goberno galego e un ministro de información e turismo tamen galego tuveron na sua mán cando menos, a facultade de non afogalo e soterralo nás catacumbas dun idioma proscrito.

"A guerra ao galego agravouse no século XIX, pola inflación burocrática do réxime de provincias e por certas supersticións do progreso...” Durante todo o resto do século XIX, e sen que o Estado ditase disposicións específicas a este respecto, dáse por suposto que a lingua escolar debía ser, naturalmente, o castelán.

Por se acaso, os inspectores de ensino primario lembrábanlles de cando en vez aos mestres e mestras que esta era a doutrina oficial. Así o fixo o inspector pontevedrés Vicente Alcañiz cando visitou unha escola do concello de Salvaterra de Miño, advertíndolle ao seu mestre que “se valga única y esclusivamente [sic] de la lengua nacional o sea española, mejor conocida por castellana, que es la oficial, limitándose a emplear el dialecto del país en los casos en que no fuese comprendida por los niños o bien para darles a conocer las palabras correspondientes del idioma patrio.” Lingua castelá, lingua española, lingua nacional, lingua oficial fronte a dialecto galego, cuxa utilización só se xustificaba cando os nenos e as nenas non comprendesen o idioma lexítimo. E a realidade sociolingüística facía que esta práctica non fose en absoluto inusual, como advertía o noso autor no discurso parlamentar pronunciado o 18 de setembro de 1931: “Los maestros lo emplean [o idioma galego] como inevitable recurso pedagógico, al margen de toda legalidad, en las escuelas de Primera enseñanza”, e outro tanto se vían obrigados a facer os xuíces, os notarios e os empregados da administración pública.

Anos mais tarde exerceríase ainda esta presión a libros como a Esmorga que na decada dos setenta teria os seus problemas para que a Editorial Galaxia poidera sacala a luz. Non so Blanco-Amor sería o destinatario de estas censuras, tamen Ramón Cabanillas e outros voceiros da lingua Galega serían obxeto de esta política de silencio do Idioma Galego.

FUENTE- SARMIENTO- ANUARIO GALEGO DA HISTORIA DA EDUCACION. Nº 14

No hay comentarios:

Publicar un comentario

jesuspresa@hotmail.es