E celebreime,
Incesante festa todo;
Indo co encarnado corazón tan camelia.
¡Pero aquel vacío! ¡Aqueles corpos condeados!
(E pola beira do río, ante o rumor do vento nas follas,
Co sinal incandescente do sol no espello das augas…
¡Esquecido inverno! Veu outro. Outro.)
E mudaron as vides da festiva plenitude estival dos acios
Ás murchas follas secas, tan vermellas,
Que xa logo totalmente espidas saíran tortas do chan,
Como mans erguidas dende a terra.
Un purgatorio. Un cárcere. Un final.
Fiquei como granito, como dura torada de castiñeiro,
Fiquei ou racimo ou espiga,
Como Romeu ou anís.
Fiquei mentras o río, preguizoso, ía para alá…
No hay comentarios:
Publicar un comentario
jesuspresa@hotmail.es